10 nov 2011

Poema para aprender de memoria

Hai unha gata salerosa
que traballa cun camión, 
conduce case todo o día
levando caixas á estación.

O seu home é un gato
que traslada a diario
peixe fresco e conxelado
para gañar o salario.

Ela non ve nin un euro
pois todo o garda el,
dálle moi xusto o diñeiro...
non goza nada del.

Chegan á casa á vez,
cansa ela e canso el.
Deben facer a comida,
lavar, poñer o mantel...

A gata xa fixo as compras
cando viña polo camiño,
o gato só trae un saco
co seu mono ben porquiño.

O gato, en zapatillas
senta no seu sillón,
colle o mando, dálle á tecla
e prende a televisión.

A gata mentres tanto
non para un segundo:
pela,corta, lava, frite,
limpa e frega,... todo xunto.

O gato goza arreo
vendo nese televisor
un programa de  concursos
no que gañan un tambor.

A gata moi esgotaba
limpa o po, varre o chan,
coloca ben a neveira,
e desconxela o pan.

Pronto o gato ten fame
-Gata tráeme un bocadiño!
A gata está farta. xa sabes,
mais prepara un xureliño.

O gato aínda protesta
porque está cru de máis,
e berra á pobre gata:
-Non o probaches quizais?

-Timbran á porta!-di o gato
berrando dende a butaca,
el non abre e vaia a gata
pelando unha pataca.

-Pásalle o ferro ao meu traxe
que o quero poñer mañá!
Non fai falla tanto tempo
para darlle a cea a mamá!

Á gata, que non para,
dóelle até o peroné,
o gato escoita un barullo:
-Está chorando o bebé!

A que non sabes quen
lle cambia o cueiro o bebé?
A gata, claro, pois claro,
o gato non move un pé.

Por que non traballa o gato
se é tamén a súa casa?
A gata non para un intre,
sabes ti que é o que pasa?

Texto: Azucena Arias











No hay comentarios:

Publicar un comentario