16 mar 2012

3ºB USA POR PRIMERA VEZ A NOVA BIBLIOTECA

Por Mario
Debuxos de Tomás e Diego

O pasado 14 de marzo, 3ºB entrou por primeira vez na nova biblioteca, acompañados polas profesoras Laura, Lucía e Rosa cambiaron os libros, tendo en conta que os da pegatina vermella eran para os nenos que non leían moi ben e os da pegatina verde eran para os nenos que leían mellor.

Os libros, non só tiñan pegatinas para saber onde iban colocados, senón que tamén tiñan as tres primeiras letras do autor e do título, segundo o autor, ían colocadas por orde alfabética e se o autor era o mesmo ían por orde alfabética do título.

Pasárono xenial e o próximo mércores volverán , pero... silencio, é unha biblioteca!


No hay comentarios:

Publicar un comentario